16 abr 2010

La traición de Roma




La traición de Roma

Africanus, el hijo del cónsul / Las legiones malditas.

Estes libros da triloxía de Santiago Posteguillo tratan da Segunda Guerra Púnica, e máis concretamente dos seus dous protagonistas: Aníbal Barca e Escipión Africano. O primeiro dos libros é o de Africanus-vai dos comezos da guerra-, o segundo é Las legiones malditas-vai do final da guerra- e o terceiro, La traición de Roma, vai da guerra de Asia e da traición a Publio Cornelio Escipión. Nos tres libros fálase da vida, batallas, legado político e morte destes grandes xenerais, posiblemente os mellores da antigüidade.
O seu enfrontamento ao longo do Mediterráneo mantivo ó mundo en vilo.
Estes dous personaxes, tan diferentes, sentíronse unidos (aínda que só un pouco) na súa vida, pois ambos eran grandes vencedores no campo de batalla, accederon ó poder nas súas nacións e ambos foron traizoados polos seus e morreron no exilio. Aníbal morreu en Bitinia, Asia Menor, e Escipión morreu en Brindisi, sur de Italia.
La traición de Roma é a historia de dúas traizóns, (unha delas longamente xestada, polos inimigos políticos de Escipión) que acabaron cos mellores xenerais do mundo antigo. A Aníbal traizoárono os seus inimigos políticos no Consello de Cartago, querendo entregalo ós romanos, e a Escipión traizoouno o mentor de Fabio Máximo, e inimigo eterno, Marco Porcio Catón.
En xeral os tres libros gustáronme moito, pois permitíronme ampliar os meus coñecementos de historia antiga ó tempo que disfrutaba coa gran prosa deste autor.
O autor fai unha gran descripción da vida, costumes, personaxes, acontecementos e do mundo en xeral daquela época. O que menos me gustou foi que o autor tende a explicar moito, quizais demasiado, os acontecementos cotiáns e deixa as cousas importantes menos claras. Recomendo este libro a todos os que teñan ganas de descubrir a historia e de desfrutar dunha boa novela.

6 abr 2010


Para comenzar co chat un seguro.Non sei mui ben como empezar falando deste libro.. simplemente direi que é Magnífico, das mellores novelas que lin! Non son unha persoa de ler de todo e unha amiga recomendome este e foi algo increible en dous dias acabei con el e sorte k na biblio estaba a 2da parte, luna Nueva, e a 3ra, Eclipse.. Os tres son realmente increibles! Si tibera que por estrelas.. sin dudalo serian 5 ou máis.. Volo recomendo de veras , e cuidado que vos tera viciad@s!!